Wish I Could
Situada no estado de Michigan, esta cidade é a sede da Universidade dese estado, tén máis de 114.000 habitantes, dos que o 32% son titulados superiores. A súa economía está moi ligada á universidade, sendo os seus sectores máis importantes a alta tecnoloxía, a educación e a biotecnoloxía. A renda per cápita é superior á media estatal e nacional, e a taxa de criminalidade inferior con respecto ós mesmos ámbitos (estatal e nacional).
E mentras aquí, nesta Galicia e nesta España, que miramos por enriba do ombro ós americanos (porque nós somos europeos, onde vas...) ¿temos algo que se lles poida comparar? Teño que recoñecelo, que envexa me produciu ler iso. Envexa sá, por suposto. ¿Chegaremos a ver nós, xentes do 2008, algo semellante na nosa terriña?
Sinceramente, creo que áinda está lonxe o día no que se deixe de medrar economicamente a conta da paisaxe e de hipotecar o territorio, de que a xente deixe de crer que o modelo económico máis rendible é o de enladrillar todo canto se poña por diante, pois os toxos non dán de comer, non son bonitos e teñen espiñas que pican. O día no que por fin a xente se dé conta de que a vaca hai que muxila, si, pero non secarlles os tetos. O día no que se dé valor por fin ó que sabes facer e non a de quen es fillo ou cantas leiras tés e este país non vexa emigrar a tantos titulados universitarios, porque aqui non hai un triste posto de traballo onde caer morto, e cando o hai pagan tan pouco que se saca máis pedindo limosna os domingos no Obradoiro.
Por certo, algo que me chamou a atención e algo no que os nosos alcaldiños e concelleiriños de urbanismo podía tomar nota, e facer o mobiliario urbán máis orixinal e se deixasen deses modelos de bancos, farolas e macetas pseudo históricas: